|
|
|
|
|
|
|
A
gripe, ou influenza, é unha infección respiratoria causada polos
virus influenza tipo A e tipo B. Todos nós convivimos con ela algunha
vez, sobre todo de nenos, e algún de nós convivirá de seguro este
ano, pois aproximadamente, tódolos invernos enferma desta doenza
o 12% da poboación galega e 100 millóns de personas no hemisferio
norte.Na maioría das comunidades, son os nenos de idade escolar
os primeiros en “colle-la gripe”, que logo levan ás súas casas contaxiando
ó resto da familia e de aí a outros grupos.
Síntomas
Os
síntomas da enfermidade aparecen de súpeto, normalmente entre un
e tres días despois da exposición ó virus, e consisten nun cansancio
e debilidade xeral con dores en todo o corpo que algúns describen
como: “¡estou como se me moeran a paos!”, “¡estou escangallado!”,
etc. Por se isto fose pouco, ven sempre en compaña de febres e calafríos.
Algunhas persoas tamén poden padecer conxestión nasal e dor de gorxa.
|
|
|
|
|
|
12
|
|
|
Habitualmente, as epidemias de gripe posúen un patrón característico.
Despois dos primeiros casos illados, aparecen de súpeto moitos (epidemia),
acadando un máximo, despois de 3 ou 4 semanas, e declinando logo
nun tempo similar. A primeira indicación dun brote nunha comunidade
é un incremento no número de nenos de preescolar e primaria con
enfermidades respiratorias febrís. De seguido aparecen afectados
escolares de secundaria e adultos, e medran os ingresos hospitalarios
de pacientes por agudizárense doenzas respiratorias crónicas como
a neumonía, asma, bronquite crónica, enfisema, etc.
|
|
|
Medidas
preventivas
A gripe é moi contaxiosa; polo xeral, o virus entra no corpo a través
das membranas mucosas da boca, nariz e ollos. Cando unha persoa
con gripe tose ou espirra, o virus espállase polo aire e pode ser
inhalado por calquera outra que se atope cerca, polo que a mellor
medida preventiva fronte ó virus é manterse afastado, se é posible,
dos enfermos. Se na nosa familia temos algún enfermo debemos lavar
frecuentemente as mans e levar un estilo de vida saudable:
comer e durmir ben, beber moita auga, non fumar e tentar manter
baixos os niveis de stress.
Fronte
ó virus existe unha vacina que ten que inocularse tódolos anos.
O virus da gripe ten unha taxa de mutación tan alta, que os anticorpos
producidos nun ano, resultan de nula ou escasa eficacia á
hora de enfrontarse a outras variantes en seguintes estacións.
Anualmente a Organización Mundial da Saúde propón, en febreiro,
unha vacina elaborada a partir de mostras recollidas en
110 sitios de vixilancia repartidos pola terra. A partir destas
mostras selecciónanse tres cepas, dous do tipo A e unha do B, responsables,
presumiblemente, da maioría dos casos de gripe que terán lugar no
outono e inverno seguintes. Unha mestura de estas cepas, e variantes
delas seleccionadas e debilitadas, son a base da vacina. Coma o
virus muta con moita rapidez, ás veces non é efectiva en
tódolos casos.
A
vacina da gripe está recomendada para a poboación de alto risco,
como son: maiores de 65 anos, nenos ou adultos con problemas pulmonares
ou cardíacos, persoas que convivan con persoas de alto risco, persoas
inmunodeprimidas, etc.
|
|
|
Caracteres
diagnósticos. ¿Como
distinguir unha gripe dun arrefrío?
|
|
|
3
|
Ámbalas
dúas son infeccións virais e poden dar síntomas coma tose e dor
de gorxa, pero o arrefrío é unha infección viral menor. No seguinte
cadro de síntomas poderás ver as diferencias
|
|
|
|
|
SÍNTOMAS
|
Arrefiado
|
Gripe
|
Febre
|
Rara
|
Alta
,por encima de 38°C, e
durante 3-4 días
|
Dor de cabeza e calafríos
|
Rara
|
Acusado
|
Dores musculares
|
Leves
|
Comúns,
e ás veces severos
|
Cansancio e debilidade
|
Leves
|
Acusado,
poden durar semanas
|
Esgotamento extremo
|
Nunca
|
Moi
acusado
|
Nariz conxestionado
|
Común
|
Ás
veces
|
Espirros
|
Comúns
|
Ás
veces
|
Dor de gorxa
|
Común
|
Ás
veces
|
Molestias no peito, tose
|
Moderado,
común
|
Común,
ás veces acusado
|
|
|
|
|
Sinal e recompilación de datos
Os
datos recopilaranse de forma directa a partir dos alumnos/as que
resultan afectados pola enfermidade. Para evitar os falsos diagnósticos,
soamente contarán aqueles casos nos que se acredite unha certificación
médica. Do mesmo xeito, e tendo en conta que o universo escolar
é unha mostra sesgada pola idade, debemos incluír aquelas persoas
do núcleo familiar do alumno/a que resulten afectadas. En
futuras convocatorias do proxecto tentaremos de facer un mostreo
tendo en conta as diferencias de idade, pois o patrón de contaxio
pode variar.
Para
contrastar os nosos datos pode ser de moita utilidade pórse en contacto
co centro de saúde máis próximo, ou con médicos particulares, pois
posúen unha estatística de baixas por mor da enfermidade, e poden
darnos información moi valiosa sobre as epidemias de outros anos.
Aínda
que os brotes de gripe posúen un patrón definido de aparición e
desaparición, moitas veces aparecen fora da tempada de gripe, normalmente
despois, pequenos focos de “infeccións víricas postgripais” que
presentan os mesmos síntomas que a gripe. Aínda non se sabe moi
ben a súa causa, pero paga a pena constatalo nas fichas.
|
|
Enlaces
|
|
|
|
|