|
|
|
|
|
|
|
|
Introducción
En Galicia existiu, ata fai ben pouco, unha aversión
xeralizada ó consumo dos cogomelos sen facer distincións entre especies comestibles ou velenosas. Esta micofobia foi debida, fundamentalmente, ó rexeitamento da igrexa católica
a determinados cultos pagáns, moi espallados por todo centroeuropa. Existen abondosos exemplos destas prácticas na iconografía da época , como sucede no fresco románico de Plaincourault en Francia, onde a carón de Adán e Eva represéntase a serpe na árbore do Ben e do Mal formada por 5 sombreiros de
Amanita muscaria. Asimesmo, no Xardín das delicias do Bosco, no panel central do tríptico adicado ós praceres do mundo, represéntase un sombreiro deste cogomelo como elemento de satisfacción pracenteira e de fuxida do mundo.
|
|
Estes rituais foron perseguidos en toda Europa pola relixión oficial, e posiblemente, con maior intensidade no noso territorio por subsistiren con máis forza cultos pagáns relacionados coas meigas que utilizaban as setas alucinóxenas ou enteóxenas como parte dos seus rituais. Por outro lado, foi en Galicia onde xurdiu o Priscilianismo, unha doctrina escindida da iglesia católica do século IV que rendía culto a Prisciliano, bispo de Gallaecia, executado por practicar herexías.
Tras a morte de Prisciliano, o priscilianismo estendeuse por todo o territorio espallando a súa doctrina, que entre outras cousas, baseaba a súa alimentación en productos vexetais e entre eles os cogomelos. A igrexa católica, ó darse de conta do que se lle viña encima, obrigou a perseguir ós
priscilianistas, obrigándoos a comer carne publicamente para demostrar que non eran vexetarianos. Aínda hai pouco, os micólogos galegos Marisa Castro e Luís Freire, citan o caso dun cura da Cañiza (Pontevedra) que en 1993 condenaba, na homilía, á xente que consumía cogomelos por se tratar de alimentos satánicos.
|
4
|
|
|
|
Caracteres diagnósticos
O sombreiro primeramente ten forma de ovo, despois pasa a ter forma lixeiramente convexa para acabar sendo plano e coa marxe estriada. A cutícula é vermello
escarlata, carmín ou vermellón. Sepárase facilmente da carne e ten unhas grosas placas brancas de textura algodonosa moi características. Himenio con láminas apretadas de cor branca pura. O
pé cilíndrico pode chegar ata os 20 cm. de altura, é de cor branca ou lixeiramente amarelento cun bulbo na súa base rodeado dunha volva con escamas estratificadas. |
|
|
|
Hábitat
Especie moi común en solos ácidos que crece baixo árbores caducifolias e coníferas. Aínda que tamén podemos atopalas por camiños e corredoiras. Aparece desde finais de verán ata finais de outono e, desaparece coas primeiras xeadas.
Especies similares
Pódese confundir coa Amanita cesarea. Esta última especie posúe o himenio de cor amarela vainilla e na Amanita muscaria é branco.
Sinal
Aparición de corpos fructíferos.
|
|
|
|
|