1.USUARIO NON REXISTRADO
A persoa que quera participar no proxecto e todavía non esté rexistrada, ten que encher o formulario de inscripción cos seus datos. O usuario deberá lembrar o "nome de usuario" e a "clave", (unha palabra escollida polo usuario) para poder acceder a témporas.
O solicitante recibirá un correo confirmándolle os seus datos para participar no PROXECTO TÉMPORAS.
2. NO CASO DE ESQUECER OS DATOS DE CONEXIÓN
No caso de esquecer o "nome de usuario" e/ou a "clave de acceso", pódese solicitar desde a páxina principal facendo clic en "Enviar Datos / Inscripción" e despois facer clic en:
"Se esqueceu os seus datos, faga clic aquí para solicitalos de novo"
Haberá que poñer a dirección do correo electrónico coa que se inscribiu no proxecto e chegaralle inmediatamente o seu "nome de usuario" e a súa "clave de acceso".
3. USUARIO REXISTRADO
Unha
vez que o usuario esté rexistrado pode acceder o "Menú
Usuarios" e ter acceso á parte privada da web, para enviar
os datos das especies a observar ou ben consultalos. Para recoller os
datos, podes imprimir esta ficha de campo
para non esquecer ningún e logo poder envialos a través
da web do proxecto.
Inicio da sesión
Desde a páxina principal facemos clic en "Enviar Datos / Inscripción" e despois cubrimos onde pon: " nome de usuario" e "clave de acceso". Finalmente facemos clic no botón "Entrar". Onde hai dúas opcións: formulario de datos e consulta de datos.
Formulario de datos:
É a páxina para enviar os datos das especies a observar. Aparecerá un listado das especies, xunto cos sinais (primeira floración, primer avistamento, ...) onde se anota a data do sinal.
¿Cómo enviar os datos?
Supoñamos que se quere mandar os datos da "data da saída das follas do carballo", para eso só terá que facer clic no cadriño branco ( a esquerda dos eventos) e aparecerá un calendario no que se escollerá a data facendo clic. Nese momento desaparecerá o calendario e a data introducirase automaticamente no cadro de texto.
No caso de se confundir escollendo a data, simplemente con volver a facer clic no mesmo cadriño blanco a data será borrada e poderá vover a introducila seguindo os pasos que indicamos antes.
Despois de poñer as datas (pode cubrir os datos de todas as especies dunha soa vez) so terá que facer clic no botón "Enviar Datos" ó final da páxina.
No caso de confusión farase clic no botón "Reiniciar", e o formulario quedará só coas datas que tiñamos antes de empezar a sesión actual.
Consulta de datos
Este segundo apartado permitiranos ver todos os datos que se almacenen na base de datos do "PROXECTO TÉMPORAS", e realizar consultas por "Localidade",. "Especies", "Datas", etc.
|