|
|
|
Delichon
urbica (Linnaeus, 1758)
|
anduriña
de cu branco
|
|
|
AVES
|
PASSERIFORMES |
HIRUNDINIDAE
|
|
E: Avión
común
|
I:
House martin
|
|
|
É
un paxaro pequeno de só uns 12 cm, facilmente distinguible
das andoriñas e pilrís pola súa mitra de cor
branca, de aí o seu nome en galego. Toda a súa parte
inferior, o papo, a gorxa, o peito e o ventre, tamén son
brancos e, o resto do corpo de cor negra. O rabo é escotado
e curto carecendo das prolongacións laterais que posúen
as andoriñas.
Chegan a Galicia na primavera (finais de marzo) entrando pola costa
e norte de Portugal, para espallarse cara ó interior a través
dos vales fluviais. Están connosco ata setembro e incluso
outubro, que é cando emprenden a súa viaxe ás
zonas de invernada de África sub-Sahariana.
Aliméntanse exclusivamente de insectos cazados ó voo,
moscas, mosquitos, pulgóns, etc., liberándonos dunha
serie de animais que serían molestos, incluso perxudiciais
tanto para nós como para os nosos cultivos. É debido
a esta acción tan beneficiosa que a andoriña de cu
branco está protexida a nivel Europeo polo Convenio de Berna,
e a nivel nacional polo Real Decretro 439/90.
Os
niños
|
5 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
6 |
Na antigüidade criaba en riscos e paredes rochosas, pero a
raíz do desenvolvemento das cidades, pasou a facelo, case
exclusivamente no medio urbano, de aí o seu nome científico.
É algo habitual nas vilas de Galicia ver os niños
das anduriñas de cu branco adosados a cornisas de
balcóns, beirados, debaixo das pontes, etc, podendo formar
colonias de ata 50 niños. Existen incluso datos da presencia
de niños na adega dun barco que facía unha rota de
12 km polo interior de Dinamarca. Nesta viaxe, na que o ferry empregaba
uns 45 minutos, os adultos só visitaban os niños cando
o barco chegaba o seu destiño final, pois nese momento abríanse
as adegas. Durante 10 anos mantívose esta pequena colonia
gracias á sensibilidade da compañía de transporte
que non usaba este barco no comenzo da estación de cría
para que os paxaros fixeran os seus niños.
Os niños teñen forma de copa alta e están feitos
con pelotiñas de lama que van buscar ós ríos
e regatos máis próximos. Interiormente está
almofadillado cunha capa de plumas e talos vexetais para que sexa
máis acolledor para a rolada. Poden ter ata tres roladas,
aínda que en Galicia o habitual e ter dúas. Normalmente
utilizan o mesmo niño ano tras ano tendo que retocalo cando
non o atopan en óptimas condicións. Outras veces chegan
e atopan o seu niño tomado polos pardais, ou totalmente escachado,
polo que terán que facer outro novo. É por isto, que
se en algunha situación excepcional temos que mover os niños
como cando se fan obras nunha fachada ou tellado, e non queremos
causar prexuízos ás poboacións, debemos proceder a sacar
os niños durante o outono ou inverno mentres estes non están
habitados.
|
Pola
contra, se queremos potenciar a súa cria nas nosas casas,
existen niños artificiais que, aproveitando o carácter
gregario das anduriñas de cu branco, incitan á
creación de novas colonias nos beirados. Podedes atopar información
sobre estes niños en http://www.seo.org,
a dirección electrónica da Sociedade Española
de Ornitoloxía, ou construílos vós mesmos con
madeira e barro.
|
|
A
problemática das poboacións galegas
As
poboacións de anduriña de cu branco sofren
duns anos a outros unha serie de fluctuacións numéricas
debidas por unha banda, a unha variación natural intrínseca
nas poboacións pequenas, e por outra a modificacións
nos hábitats de invernada ou de cría, tanto por causas
naturais como antrópicas. En Galicia rexistráronse
estas fluctuacións nas poboacións mellor estudiadas,
como a do Morrazo (Pontevedra), na que houbo unha caída de
ata o 12% na ocupación de niños durante a década
dos oitenta. Nas colonias de Santiago, e sempre segundo datos da Sociedade
Galega de Historia Natural (SGHN), o número de niños
ocupados descendeu ata 35 no ano 2000, para aumentar levemente a
38 no 2001 ata os 45 da actualidade. Este aumento, parece ser debido
á benignidade das primaveras e veráns dos anos precedentes
e a unha maior sensibilidade e respecto ós niños por
parte do home. Neste último punto temos que valorar como
moi positiva a campaña que nos últimos anos está
a levar a cabo a SGHN, co ánimo de concienciar ós
galegos da importancia que teñen estos paxariños para
combater as pragas, e erradicar o costume, bastante arraigada nalgunhas
vilas, de destrozar os niños para evitar a suciedade producida
pola caída dos excrementos á rúa. Para solucionar
este problema, a SGHN aconsella colocar táboas debaixo dos niños
evitando así ensuciar a rúa.
Enlaces
Birds
of Britain (en inglés)
http://www.birdsofbritain.co.uk/bird-guide/index/housemartin.htm
Páxina británica sobre paxaros. Funciona como unha
guía ordenada por fichas específicas dos paxaros que
presentes en Gran Bretaña. Nela atoparedes anécdotas
e curiosidades sobre os paxaros en xeral.
Censo de Anduriña de cu branco en Arenys de Mar (Tarragona),
en catalán
http://www.arenys.org/xoriguers/orenetes.htm
Estudio-censo das colonias de anduriña de cu branco
de Arenys de Mar. Un bo exemplo de como se pode realizar un estudio
sinxelo e serio co fin de minimizar os posibles factores que causan
a diminución das poboacións de anduriña de
cu branco neste concello catalán.
|
Sinal
O sinal que imos medir é a primeira data na que observamos
a chegada primaveral de anduriña de cu branco. Normalmente
chegan en tandas, polo que totalidade dos membros da colonia tarda
en completarse uns cantos días. A medida que van chegando
empezan a ocupar os niños enteiros para posteriormente ocupar
os que están algo rotos. Se o niño está moi
roto normalmente optan por facer un novo.
Como datos orientativos doutros anos, HABITAT detecta a súa
presencia máis temperá o 23 de Marzo en Dodro (A Coruña).
Para o interior de Galicia a data pode retrasarse case 15 días
con respecto á costa.
|
|
|
|