Colias croceus (Geoffroy, 1785)
Colias
ANIMAIS
INSECTOS
LEPIDOPTERA
PIERIDAE
E: Colias común
I: Clouded yellow

 

A Colias é unha das bolboretas máis comúns dos campos galegos, sobre todo a partir do mes de abril. Podemos atopala desde o nivel do mar ata os 1800 m de altura, voando de forma potente e directa. A súa cor amarela-xema de ovo faina inconfundible entre as outras bolboretas amarelas. Vive en todo tipo de hábitats abertos nos que existan flores abondosas como prados, beiras de bosques, matogueiras, xardíns, campos de cultivo, etc, pero  rexeita introducirse en zonas de arboredo.

hex2.jpg
Caracteres diagnósticos
Tódolos Piéridos, a familia á que pertence Colias, posúen ás brancas ou amarelas  e presentan manchas escuras no bordo superior externo do anverso das ás anteriores. Colias non é unha excepción, aínda que non é doado verlle o anverso (parte dorsal) das ás, salvo cando se capturan ou cando as abren nun pousadoiro, sempre presentan un contraste entre os bordos escuros das ás anteriores e as cores amarela"xema de ovo" do fondo. Normalmente machos e femias posúen a mesma coloración, pero as femias posúen nos bordos escuros das ás unhas manchas amarelas que non aparecen nos machos. Na foto inferior podemos ver na metade dereita o patrón de cores do macho e na esquerda o da femia. .
hex3.jpg Nunha poboación de colias non tódalas femias son iguais se non que poden aparecer algunhas cunha cor moito máis pálida, case branca-grisallenta. É o que se coñece como a forma helice, (foto inferior) que aparece nun 10% das femias da especie. Menos frecuente aínda é a forma helicina, tamén branco grisallente aínda que algo máis escura. A explicación de que variedade nas cores sexa exclusivamente feminina,  parece ser debido a  que os machos non necesitan tanta protección, xa que a perda dun deles non ten que reducir a taxa de supervivencia da poboación, pois as femias sempre poderán ser fecundadas por outros machos. Pola contra, cando morre unha femia, pérdese todo o potencial da posta que ía realizar. Sen embargo, no caso de Colias, e a diferencia de outras bolboretas con femias polimórficas, non hai estudios serios que relacionen as distintas formas das femias con taxas de supervivencia diferenciadas.

Colias croceus pode ser confundida con outras dúas bolboretas amarelas: a súa curmá a Colias australis, moi rara, pois só aparece nas montañas orientais e asociado a enclaves calcarios, polo que non imos sequera falar dela, e por outro lado a limoeira, Gonepteryx rhamni (Linnaeus, 1758), bolboreta moi común e  tamén amarela, aínda que dun amarelo máis verdoso. Con esta última é máis probable que teñamos dúbidas, aínda que son ben diferentes se as observamos de cerca. As principais características que as diferencian son:
hex4.jpg
IMAXE
COLORACIÓN
BORDO EXTERNO
DAS ÁS
VOO/ PERÍODO DE VOO
Colias

Amarela (xema de ovo).
Bordes externos das ás escuros

Arredondado
  • Rápido, directo, recto.
  • Inverna como eiruga, non voa no inverno
Limoeira
Amarela-verdosa.
Bordes das ás coas mesmas cores
Apuntado na parte media
  • Repousado, con subidas e baixadas.
  • Inverna como adulto, polo que pode voar en calquera época do ano se a temperatura do aire llo permite

Enlaces:

  • Lepidoptera photolist (Finlandia, inglés)
    http://www.funet.fi/pub/sci/bio/life/warp/lepidoptera-2-English-Photolist.html

    É un proxecto finlandés que ten por obxectivo facer unha base de datos fotográficos en internet cos nomes das bolboretas en tódolos idiomas da CEE.
  • Recursos electrónicos sobre bolboretas (Canadá, inglés). http://www.chebucto.ns.ca/Environment/NHR/lepidoptera.html
    É a máis completa web sobre lepidópteros que existe hoxe en día en internet. Nela atoparemos desde listados taxonómicos ordenados por continentes, foros variados, recursos educativos, técnicas de cría, libros, vídeos e ata programas de ordenador que facilitan o estudio de aspectos concretos do mundo das bolboretas.
  • Museo das bolboretas de Cataluña (catalán)
    http://www.emporion.net/museu/

Sinal:

O sinal que imos medir é a data do primeiro voo. Como Colias pasa o inverno como eiruga necesita un aumento da temperatura para completar o seu ciclo e eclosionar como adulto. As datas poden variar moito dunhas zonas a outras, sendo as máis temperás no mes de abril nas localidades da costa, e as máis tardías no mes de xuño-xullo no interior.