ENVIAR_DATOS
Integral térmica ou número de graos día (fórmula de De Candolle)

Na Grecia clásica xa se sabía que un inverno suave e o anticipo dunha primavera temperá, e que a temperaturas elevadas as plantas pasan máis rapido polas diferentes fases do seu desenvolvemento. Xa daquela, tentaron establecer relacións coas que predecir a aparición de determinados procesos naturais baseadas, mais que nada, na observación das fases da lúa e de outras sinais previas. A invención do termómetro, no século XVII, e máis tarde dos sistemas de medida da temperatura, foi o desencadenante que propiciou toda unha serie de estudios climatolóxicos e a invención de métodos que comparaban a temperatura con determinadas fases dos seres vivos. Un deles, que aínda sigue usándose na actualidade, e que xa foi usado por Baltasar Merino a principios do século pasado, é o que desenvolveu en 1855 o fisiólogo belga De Candolle. A fórmula de De Candolle baséase en que a suma de calor ou integral térmica que necesita unha planta para o seu crecemento, é bastante constante para cada especie, independentemente da estación e da latitude. Asumindo que cada especie necesita unha suma de graos de temperatura para que poda empezar a brotar ou florecer, a integral térmica calcúlase da seguinte forma :

  1. Medimos as temperaturas máximas e mínimas diarias (co termómetro de máximas e mínimas) a partires do 1 de xaneiro e de ahí en adiante ata que se produza o sinal que estamos a medir.
  2. Para cada día calculamos a temperatura media (suma da máxima e da mínima dividida por 2)
  3. Se o resultado desta media diaria da un valor negativo ou cero non a temos en conta, pero se da positivo (o máis normal para case tódalas estacións de Galicia) imos sumando os valores diarios das medias ata que se produce o sinal. A fórmula é :

Nº graos día = ( Temperaturas medias superiores a cero)


Exemplo:
Supoñemos que temos un rexistro de temperaturas máximas e mínimas da primeira semana de xaneiro e queremos saber o número de graos día para esa semana

 
1º DÍA
2º DÍA
3º DÍA
4º DÍA
5º DÍA
6º DÍA
7º DÍA
T. Máxima
8
10
14
14
2
8
9
T. mínima
-2
2
6
4
-4
-3
0
T. media
3
6
10
9
-1
2,5
4,5
Nº graos-día
3
9
19
28
28
30,5
35
 


De tal xeito que a integral térmica ou número de graos día para esa semana é de 35 graos centígrados


En agrometeoroloxía fanse correccións desta fórmula en función da planta que se esté a estudiar. Por exemplo, para o trigo, non se consideran as temperaturas superiores a cero senón as superiores a catro grados, polo que as temperaturas medias diarias inferiores a catro grados non se suman. Deste xeito, o trigo, entre a sementeira e a maduración, necesita uns 2100º a 2500º de temperatura acumulados por riba dos 4º C e para o millo serodio 1000 por riba de10.

Enlaces:

Existen outros métodos para calcular outras variables climatolóxicas de interese como a evapotranspiración ou a disponibilidade de auga, pero que son algo máis engorrosos de tomar, polo que non se contemplan na fase inicial do proxecto. Podedes atopar información adicional nas actividades de aprendizaxe do proxecto GLOBE na dirección:
http://globe.fsl.noaa.gov/fsl/html/templ.cgi?phenology_activity&lang=es&nav=1