|
|
|
|
|
O
mildeu do carballo é un fungo parásito que se desenvolve fundamentalmente
sobre as follas dos carballos, aínda que tamén pode aparecer
sobre castiñeiros e salgueiros. Distribúese por toda Europa
e parte de Asia parasitando as especies do xénero Quercus,
sendo o carballo, Quercus robur, a especie máis vulnerable.
Suponse que foi introducida de Norteamérica a comenzos do século
XX, e dicimos suponse por dous feitos: por un lado os carballos americanos
son moito menos sensibles ó ataque, e por outra banda a primeira
infección constatada en Europa data de 1907.
|
|
|
|
|
|
Caracteres
diagnósticos
As follas
das plantas atacadas semellan estar pulverizadas por cinsa ou fariña,
debido a que o fungo forma un micelio superficial branco griseiro que ó
final da primavera da lugar a unhas estructuras, tamén claras e con
forma de misto que se erguen directamente do micelio. A cabeza de cada un
destes mistos é un conidio, células reproductoras formadas
por mitosis, que poden soltarse do seu pé e, transportarse polo ar,
ata chegar a outra folla, do mesmo ou doutro carballo, e volver a
formar outro micelio. Deste xeito é como o fungo pode dispersar a
praga durante todo o verán. |
13
|
O
fungo inverna como micelio nas xemas foliares das poliñas , e conforme
aumenta a temperatura, empeza a medrar e a fabricar pequenos tentáculos,
os chamados haustorios, que se introducen nas células epidérmicas
das follas recén saídas para obter o alimento. A medida que
o micelio e o seus haustorios recobren a folla, está vaise debilitando
e revirándose, e se o ataque é moi severo pode secar e caer.
Nas fotos adxuntas tentamos de representar a evolución do ataque
do fungo nas follas.
|
|
|
No
primeiro par de fotos o ataque é aínda incipiente, e só
apreciable pola presencia dun pó griseiro nalgunhas partes da folla.
|
Cando o ataque é máis importante, empezan a secar determinadas
partes da folla adoptando unha forma estreita e revírada. Se
o ataque é moi severo as follas secan de todo e caen.
|
14
|
Cando
os veráns son secos e cálidos o fungo pode formar cleistotecios,
que son formas de reproducción sexual que complican moito a cousa
e agravan aínda máis a dispersión da praga. Poden recoñecerse
facilmente coa axuda dunha lupa por seren boliñas de cor marrón
que contrasta moito coas cores claras do micelio. O nome en latín
de "micro-sphaera" fai referencia a estas estructuras.
|
A
praga e a problemática do seu tratamento
A praga foi ata
o de agora pouco importante en individuos maduros, aínda que nos
últimos quince anos parece ser que está xogando un papel importante
na aparición doutras enfermidades, pois baixo determinadas condicións
climáticas, os carballos son máis susceptibles de ser atacados
por insectos e fungos, que causan a perda de vigor e ata a morte das carballeiras.
Esta perda de vigor coñécese como o "decaemento do carballo"(oak
decline), e consiste nunha acusada perda de follas, ralentización
do crecemento anual e unha menor ou case nula producción de landras.
Neste compendio de males o mildeu do carballo posúe un papel preponderante
pois son os carballos previamente atacados polo fungo os preferidos polos
insectos defoliadores.
O tratamento con
funxicidas non é nada doado, pois para que realmente sexa efectivo
deberemos ter en conta o ciclo vital do fungo e esto implica fumigar os
gromos tan pronto como estes empecen a xermolar, co fín de matar ó
micelio que está medrando no tecido do brote novo. Se o micelio non
morre neste punto do ciclo, máis tarde infectará ás
follas novas e formará grupos de conidios que estenderán a
enfermidade durante o verán á nova follaxe. Para liar todo
esto, a apertura das xemas foliares non está sincronizada en todos
os carballos da mesma carballeira, polo que, para un tratamento efectivo,
precísase dun programa de aplicación de funxicida case individual.
Ademais, como a primavera é polo xeral un tempo ventoso e húmido,
a aplicación do funxicida é dificil. E non acaba aquí
a cousa, pois os únicos productos eficaces son tóxicos para
o home e o medio ambiente.
O áno 2001
foi un ano de intenso ataque tanto do mildeu como do subseguinte conxunto
de insectos defoliadores, aparecendo en zonas onde non era coñecido.
Parece ser que os invernos chuviosos e ventosos con temperaturas suaves,
seguidos de primaveras secas, son o caldo perfecto para a
|
|
dispersión
da epidemia. Se a esto lle sumamos un verán relativamente seco, sobre
todo no mes de agosto e setembro, o fungo estará aínda máis
a gusto.
Etnoloxía
Non atopamos referencias
históricas nin populares sobre esta especie; algo normal, pois suponse
que é unha especie importada e que leva connosco pouco tempo.
Sen embargo, existe unha copla popular que di:
"O carballo
de Teixido ten a folla revirada, pois lle revirou a folla unha noite
de xiada
Esta copla, moi
coñecida no concello de Carballedo (Lugo), podería indicar
a presencia do mildeu como responsable do reviramento da folla, de feito
a maior parte dos carballos e os cerquiños de Carballedo e Chantada
sofren dende fai anos ataques de mildeu e unha perda de vigor alarmantes.
Na foto o carballo de Carballedo, un mastodonte con
|
máis
de 500 anos que está a sufrir, nos últimos anos unha palpable
perda de vigor debido, entre outras cousas, ós ataques da Microsphaera.
Sinal
O sinal a medir
é a data na que se aprecia, visualmente, a presencia do po
branco nas follas novas. Para isto debemos estar atentos cando os carballos
empezan a agromar. Debemos escoller carballos de máis de 4 metros
de altura e que non sufriran nos últimos anos talas nin clareos.
Moitas veces a praga non aparece nas primeiras follas senón nas segundas
as chamadas polos ingleses
"lemnas", que aparecen cando as primeiras están vellas,
alá polo mes de xullo.
|
Neste caso non debemos constatar a data do
sinal ata que non emerxe a segunda tanda de follas.
Enlaces
APS net: Unha
páxina sobre a diversidade e a conservación dos patóxenos
das plantas. En inglés
Http://www.bspp.org.uk/archives/biodiversity/oakmildw.html
European oak decline.
Páxina do grupo de traballo europeo sobre o decaimento do carballo.
En inglés
http://www.fbva.bmlt.gv.at/events/diseases98/
Bioimages: The
virtual Field-Guide.
Páxina
británica onde podedes atopar fotos de detalle do fungo, e de paso
da maior parte dos seres vivos. IMPRESCINDIBLE.
|
|
|
|