| 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
         
      
      
        
          |  
               
            O salgueiro é unha das árbores máis comúns 
          na paisaxe galega, distribuíndose dende a costa ata os 1500 m. 
          de altura. O seu nome xenérico, Salix, que provén 
          do celta sal = próximo e lis = auga, é moi 
          indicativo dos lugares onde podemos atopalo: beiras de ríos e 
          regatos, bordos de prados, brañas, turbeiras, gabias e en todos 
          aqueles sitios onde os solos manteñan auga durante todo o ano. 
          Normalmente aparecen seguindo unha distribución lineal, paralela 
          ós cursos de auga, pero podemos atopar salgueirais de maior extensión 
          en zonas onde o nivel freático permanece elevado durante todo 
          o ano. Exemplos deste tipo aparecen en lagoas interiores como nas Gándaras 
          de Budiño (Porriño, Pontevedra) ou no complexo de lagoas 
          da Terra Chá (Lugo). Esta afinidade pola auga e a súa 
          facilidade de enraizamento é aproveitada, xa dende a época 
          romana, para asentar beiras de ríos e regatos, sendo unha especie 
          indispensable en
         
           | 
          
            
           |  | 
         
      
      
      
      
      
         
            
         | 
            
          calquera traballo de restauración de ríos. 
           Coñécense 
          fósiles de  Salix  dende o Terciario, e en concreto do 
          salgueiro, dende fai un millón de anos. Esta continuidade no 
          tempo, deu lugar a que ó seu carón coevolucionaran multitude 
          de insectos (máis de 200) que precisan da súa presencia 
          para existir,sendo, despois do carballo e xunto co bidueiro, a árbore 
          coa maior cantidade de especies dependentes, entre elas, algunhas tan 
          fermosas e pouco abondosas como a bolboreta   
         | 
           | 
         
        
            
          Nymphalis antiopa  
           Caracteres diagnósticos 
           En Galicia aparecen unhas 8 especies de Salix, 
          dos cales o salgueiro é a máis común e tamén 
          a que menos dúbidas ten á hora da súa identificación. 
           
          É unha árbore pequena que raramente acada 
          os cinco metros de altura con tronco erecto e robusto. As   | 
            
         | 
           | 
         
        
            
          polas son dereitas e alongadas con cortiza de cor gris ferruxe, de aí 
          o seu nome en inglés.As follas, que aparecen 
          pouco despois de saír as flores, son alternas e con forma trasovada, 
          é dicir, dúas ou tres veces máis longas que anchas, 
          coa máxima anchura cerca do cumio. O resto das especies do xénero 
          teñen as follas moito máis alongadas (5 a 8 veces máis 
          longas que anchas). Son verdes e lisas por arriba e con nervios marcados 
          e grisáceas polo envés, debido á presencia de peliños, 
          moito máis patentes nas follas novas. Da base do peciolo xorden 
          dúas estípulas con forma de orella de rato que soen caer 
          cando a folla está na súa madurez. As follas das ponlas 
          novas, ou as resultantes do 
           | 
           | 
         
        
            | 
            
          desmoucado do tronco posúen aurículas máis grandes e mantéñense 
          na árbore ata o remate do verán. 
           O salgueiro é unha 
          especie dioica, polo que hai salgueiros macho e salgueiros femia. As 
          flores aparecen agrupadas en amentos que xorden cando a árbore 
          aínda está núa alá polo mes de febreiro-marzo. 
          Esta floración temperá fai do salgueiro, e en concreto 
          dos salgueiros machos, unha árbore importante para os apicultores. 
         | 
            | 
           | 
         
      
      
      
      
      
      
        
            | 
            
          Os amentos femia son globulares,  erectos e de cor verdosogrisácea. 
          Cada flor ten un ovario alongado e un corto estilo dividido en 2. 
          Os amentos masculinos son tamén 
          globulares pero facilmente distinguibles, incluso desde lonxe,  polas 
          cores amarelas das anteras dos  estames. Tanto 
          machos como femias presentan na base de cada flor unha escama moi peluda 
          que lle da ós amentos dos salgueiros ese aspecto brillante cando 
          se ven dende lonxe.  
           A forma dos amentos nesta 
          especie é un bo carácter diagnóstico, pois nos 
          outros salgueiros non son globosos, se non máis alongados, e 
          normalmente curvados cando están totalmente desenvolvidos. 
            
            
         | 
           | 
         
	    
            
           
           Etnoloxía 
           Ó salgueiro e a 
          outras especies do xénero Salix  atribuíronselle 
          en Centroeuropa moitas virtudes máxicas e feiticeiras. Proba 
          disto é que a palabra inglesa witch = bruxa, meiga, 
          deriva do nome inglés que designa xenericamente ós salgueiros 
          (willow). En moitas partes de Europa era debaixo do salgueiro 
          onde as meigas, fadas e demais personaxes escuras  levaban a cabo 
          os seus feitizos. En Asturias utilizábanse polas de salgueiro 
          para romper feitizos e quitar do corpo diferentes males e doenzas. Pola 
          contra, no noso País, non atopamos no salgueiro ningunha propiedade 
          máxica agás a virtude, compartida por outras árbores, 
          de servir ós poceiros para a búsqueda da auga subterránea. 
          O método consistía en coller unha ponliña fina, 
          dobrala sobre si mesma e suxeitala con ámbalas dúas mans. 
          No momento en que houbera auga debaixo da terra, a rama e as mans movíanse 
          involuntariamente. Parece ser que o sinal do "tirón" 
          da auga é moito máis nítido cando se emprega unha 
          variña de cobre, polo que xa non se empregan as polas de salgueiro. 
           
            
         | 
          
            
           | 
           | 
         
        
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
         
        
            
          Mentres que outras especies do xénero empréganse habitualmente 
          en cestería, o salgueiro ten unha madeira moi nodosa e dificil 
          de traballar, relegándose o seu uso para atar feixes. 
           Un punto e aparte son as 
          propiedades medicinais do salgueiro, xa descubertas por Hipócrates 
          (século IV a.C.) para tratar as febres e as dores de cabeza, 
          e que fixo que un dos primeiros traballos científicos sobre as 
          propiedades medicinais dunha árbore, fora realizado en 1763 sobre 
          a cortiza do salgueiro.  
           O salgueiro, e fundamentalmente 
          outras especies do xénero,  
        
            
           | 
           | 
         
        
             | 
           | 
         
      
        
            
          como S. pentandra e S. praecox , posúen na cortiza 
           salicina, unha substancia complexa que unha vez dixerida 
          se transforma no intestino en distintas substancias, entre elas o ácido 
          acetilsalicílico.  
           Este subproducto, descuberto 
          por F. Hoffman en 1897, é a base do fármaco máis famoso 
          e vendido no mundo, a Aspirina, comercializada por Bayer desde 1899. 
          Aínda que nos seus comenzos foi receitada para  procesos 
          febrís e dores de cabeza, co paso do tempo descubríronse 
          novas propiedades. Entre estas últimas destaca a propiedade de 
          impedir a formación de trombos, facéndoa unha ferramenta 
          de primeira orde para previr infartos e isquemias, unha das principais 
          causas de morte nos países civilizados. Todas estas virtudes, 
          e por suposto un bo marketing, fai que a aspirina apareza na lista dos 
          100 inventos máis importantes do século XX. 
           
           A praga do salgueiro 
           Os ingleses son un pobo 
          ó que lle gusta estar fóra do seu pais como na súa casa. 
          Este costume foi levada ata ó ridículo en Nova Zelandia 
          coas sociedades de aclimatación (Aclimatizatión Societies). 
          Estas sociedades tiñan por misión introducir nas antípodas 
          toda unha serie de especies  animais e vexetais, tipicamente inglesas, 
          esperando así, sentirse no hemisferio sur como na campiña 
          inglesa. Deste xeito levaron merlos, cervos, raposos, estorniños, 
          ourizos, toxos, paporrubios, carballos, coellos, xestas, piñeiros 
          e, entre outros, salgueiros.  O inofensivo salgueiro non atopou 
          neste país limitacións para a súa propagación, 
          e sen a competencia que atopaba na súa Inglaterra natal, espallouse por case todo o país 
            
         | 
           | 
         
        
            
         | 
            
           
          ata aturar a maior parte dos regos, regatos e beiras de ríos. 
          Hoxe en día é unha praga difícil de erradicar que 
          está a modificar a maior parte dos ecosistemas dulceacuícolas 
          de Nova Zelandia. 
           Sinal 
           O sinal que imos medir 
          é a aparición dos amentos femeninos e masculinos. Para 
          isto deberemos seleccionar no outono ás árbores que imos 
          utilizar como control. En principio tanto os pés femininos como masculinos 
          arrancan a floración ó mesmo tempo, pero pode haber excepcións, 
          polo que convén marcar árbores dos dous sexos. Como sucede 
          con outros vexetais non asumiremos como día do sinal o día 
          no que se ve o primeiro amento, senón cando a árbore presente 
          gran parte dos amentos en flor. Normalmente a diferencia entre a primeira 
          flor e a totalidade da floración non debe pasar de dúas 
          semanas.
         | 
           | 
         
        
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
         
        
        
          Se na época da floración o tempo é chuvioso e ventoso 
          (algo bastante habitual) os estames das flores dos pés macho duran moi 
          pouco tempo no amento (mirade foto anexa) polo que poden ser confundidos, 
          de lonxe, con salgueiros femia 
           Enlaces: 
           Páxina española 
          sobre a Aspirina e a súa historia 
           http://www.bayer.cl/aspirina/hist.htm | 
           | 
         
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
        
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
           | 
         
        
        
        
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
      
       
     |