|
|
|
|
Introducción
O xirín
e un dos paxariños máis populares e abondosos da nosa
terra. Está presente en toda a Europa meridional e central
e no norte de África. No último século experimentou
unha rápida expansión cara os países do Leste
europeo.
As
primeiras referencias bibliográficas galegas (Ríos,
Seoane, Ticehurst) xa daban ó xirín como moi abondoso
e presente en calquera punto do territorio, sempre asociado a asentamentos
humanos onde fai o seu niño. Naquelas zonas con menor densidade
de poboación e con extensas masas forestais e de matorral
é menos frecuente
|
|
Etnoloxía
O canto do xirín nunca pasou desapercibido para os galegos,
polo que era cazado para engaiolalo como ave canora. Os criadores
de canarios levan moitos anos facendo híbridos de xirín
con canarios, pois ambos pertencen ó xénero Serinus
e os híbridos son as veces viables. Os canaricultores conseguían
deste xeito híbridos cun canto espectacularmente potente,
herdado do xirín, e a súa vez melodioso, herdado do
canario. É unha crueldade privar de liberdade a esta
especie meténdoa nunha gaiola. Ademais é un acto delictivo, pois o
xirín, como o resto dos frinxílidos están
protexidos a nivel Europeo, polo Convenio de Berna.
Non
atopamos referencias etnolóxicas salvo un poema do escritor
de principios de século Xoán Manuel Pintos, no que
se inclúe o xirín, xunto con outras aves canoras.
|
|
Caracteres
diagnósticos
É
o máis pequeno dos frinxílidos europeos, bastante
sedentario aínda que pode realizar migracións parciais.
Distínguese polo seu peteiro curto e robusto que lle serve
para comer tanto insectos como grans de sementes, e polas cores
amarelas do peito, testa (incluida a caluga) e mitra que contrastan
coas cores verdes escuras riscadas das ás, o dorso, as fazulas
e o rabo, que é en forqueta. No verán as cores amarelas
do macho viran un pouco cara ó verde, de aí o seu nome
en castelán.
|
18 |
|
|
O voo
e ondulado e rápido, e cando se exhibe diante da femia ou
para marcar o territorio, o macho realiza un voo semellante ó
das bolboretas ou o dos morcegos ascendendo verticalmente con potentes
batidas das ás e descendendo en círculos ata o posadeiro
á vez que emite o seu potente canto.
Pódese
confundir co Pincaouro (Carduelis spinus) un visitante estival que
se diferencia por ter un amarelo menos marcado, curuta e gorxa
negras e dúas bandas curvadas de cor amarela nas ás.
Sinal
(pulsar aquí para escoitar
o canto)
O seu nome en Euskera, txirrisquilla é unha onomatopeia bastante
real do son do canto do xirín. O canto é un carácter
diagnóstico excepcional para confirmar a súa presencia
e neste caso vai ser a presencia ou ausencia desta sinal o único
carácter que imos contemplar. Sempre posúe un timbre
moi agudo e potente cun ritmo endiablado e nada melódico.
Na guía de aves de Europa (Editorial omega, 2001), descríbese
o canto do Xirín como: un canto freneticamente rápido
de notas agudas, como o crepitar do aceite ó fritir, que
emite desde o alto dunha árbore ou en voo, ó tempo que bate as ás ríxidamente, como a cámara lenta.
|
|
|
Enlaces
|
|
|
|
|
|
|
|