As carballeiras, xunto coas fragas, representan o bosque óptimo na maior parte de Galicia. De non ser pola intervención do home, sería de esperar que a meirande parte do territorio galego estivese ocupado por esta especie, ó estar en harmonía coas características do solo e do clima.
Antigamente toda a superficie do oeste galego estaba cuberta por este tipo de bosques, pero xa dende moi atras, co nacemento da agricultura hai uns 5000 anos, as carballeiras e as fragas empezan a desaparecer debido ás roturacións de terra para cultivos agrícolas. Máis tarde, dende a idade media ata o século XVIII, as talas comenzan a ser indiscriminadas usándose a súa madeira para a construcción de barcos, de vivendas, e para a elaboración de carbón. No século XIX, coa chegada do ferrocarril a Galicia taláronse gran cantidade de carballos para facer as travesas das vías.
|
|
|
Hoxe en día é unha especie protexida, polo que soamente se poden talar por razóns de forza maior ou por tratárense de exemplares enfermos. Sen embargo, a realidade é ben distinta, e a falta dun censo real da superficie desta especie, seguen a producirse constantes talas ilegais de exemplares centenarios e sans co único motivo de producir leña. Se a isto lle sumamos a invasión do seu hábitat por especies foráneas como o eucalipto, os constantes incendios forestais e algunha que outra praga (ver Microsphaera), é moi probable que en poucos anos cheguemos a unha situación límite na que a carballeira, a paisaxe forestal clásica de Galicia, perda toda a súa estructura específica natural. Non debemos esquecer que non existe ningunha agrupación botánica autóctona que albergue unha maior biodiversidade, pois o carballo é a árbore do hemisferio norte que posue un número maior de especies asociadas. |
Caracteres diagnósticos
Árbore de porte maxestuoso que pode chegar ós 45 m., de altura e uns 3 m. de grosor. O tronco é groso con grandes ramas tortuosas en exemplares aillados, ou máis esbelto e longo se nace asociado a outras árbores. A súa cortiza é lisa e grisácea nos exemplares novos, e gris pálido con grandes fisuras lonxitudinais que forman placas estreitas e verticais na madurez.
|
|
A copa é ampla e irregular. As follas teñen a marxe oblongo-lobulada e sen pelo, cunha cor verde escura bastante apagada polo haz e pálida polo envés. O peciolo é curto, rara vez chega a medir o medio cm. No outono, antes da caída da folla, estas vólvense pardo amarelas.
|
|
|
Os carballos son monoicos, a mesma árbore ten flores masculinas e femininas que xorden á vez a finais da primavera.
|
As flores masculinas, que consisten en entre 6 e 8 estames, aparecen sobre amentos en forma de pompón no extremo das poliñas novas. Os amentos son duns 2 a 4 cm., moi delgados e de cor amarela pardusca.
|
|
As flores femininas aparecen sobre espigas pedunculadas que xurden das axilas das follas. Son de forma redonda e tamaño reducido. Cada espiga dá unhas 3 flores que posúen uns estigmas de cor vermella moi característicos. |
|
|
O froito é a landra ou belota que penduran dun pedúnculo duns 6 cm.de lonxitude. Asociado ó mesmo pedúnculo soen aparece dúas landras terminais. É moi frecuente tamén, atopar unha grande terminal e outra pequena basal, esta última non chega a desenvolverse por completo, polo que non é fértil.
Etnoloxía
O noso folclore está cheo de referencias a esta árbore e, o feito de que existan máis de 600 topónimos galegos nos que se lle fai referencia, xustifica a importancia desta especie na nosa historia. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas súas cerimonias. Os romanos otorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes carballeiras eran nominados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que Lugo era antes un bosque sagrado.O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado roble de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo Domingo.
|
Algúns carballos están consagrados a santos como é o caso do carballo de Santa Mariña das Augas Santas ou o carballo de San Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco sangran. Nos dous casos atribúen este feito ós milagres dos respectivos Santos.
Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo) foto da dereita, subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11,5 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo en Suiza de 930 anos. Todo esto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda (Ourense).
|
|
Especies similares
En Galicia podemos atopar distintas especies de Quercus pero as únicas coas que podemos ter dúbidas é con dúas: O rebolo, Quercus pyrenaica, e a carba, Quercus petraea. O rebolo está presente en toda Galicia pero onde realmente forma bosques é no sudeste da provincia de Lugo, e sudeste e sur da provincia de Ourense. A carba é moito máis escasa é soamente forma bosques nas áreas montañosas por encima dos 1200 m, na serra do Courel e no Invernadoiro.
|
|
A diferencia do carballo, ámbalas dúas especies presentan as landras sésiles, é dicir non están insertadas nun pedúnculo, senon directamente sobre a punta das poliñas. Outro carácter que nos axudará a distinguilo do rebolo é que éste último presenta pilosidade nas follas, máis mesta no envés, que lle dá un tacto áspero.
Sinais
Os sinais que imos medir son a saída das follas, que normalmente ten lugar en abril, e a saída das flores, abril-maio.
Normalmente nunha carballeira os distintos carballos non abren as follas todas á vez senón que o fan dun xeito un bastante anárquico podendo haber un desfase de ata dúas semanas entre un carballo e o outro.
|
Isto parece ser unha defensa contra os insectos defoliadores, que así non poden arrasar a carballeira senón a algúns individuos. Nós mediremos a semana en que a maior parte dos carballos empecen a agromar, seleccionando un ou un par deles como modelo.
A emerxencia das flores é en xeral moito máis rápida, e tomaremos como semana aquela onde se vexan claramente os estames dos amentos ou os estigmas das flores femininas.
Os carballos non empezan a florecer ata os 18 ou 20 anos, polo que debemos escoller individuos de certo porte que non sufriran incendios nin podas nos últimos anos, de ser así debermos rexeitalos pois poderían falsear o sinal.
Enlaces
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|